Videoxogos educativos seleccionados para participar no congreso GACET’11
8 Junio, 2011 - 23:33 — agapitoml.jpg)
Tres videoxogos educativos realizados por participantes no Proxecto Ponte dos Brozos foron seleccionados para participar no congreso GACET’11 a celebrar os días 17 e 18 de novembro en Roma.
Reflexión lingüística e literaria a través da linguaxe SMS
26 Abril, 2011 - 21:37 — bearpExercicio de reflexión lingüística e literaria a través de textos escritos en linguaxe SMS. Actividade enfocada para bacharelato. Na súa maioría son exercicios de autoavaliación.
Para descargar preme aquí.
III ENCONTRO DE EXPERIENCIAS PROXECTO PONTE DOS BROZOS
13 Abril, 2011 - 17:15 — admin
Comunicamos que o próximo día 27 de abril celebrarase no Centro Tecnolóxico de Arteixo (Av. Arsenio Iglesias s/n) a terceira edición dos Encontros de Experiencias do Proxecto Ponte dos Brozos.
Esperamos que se repita o éxito de edicións anteriores e asistades para coñecer as experiencias que están levando a cabo algúns dos vosos compañeiros.
Os Encontros serán abertos cunha conferencia de Sílvia Alcaraz-Domínguez e Frédérique Frossard, da Universidade de Barcelona que falarán sobre o Proxecto ProActive: Desenrolo de prácticas educativas creativas baseadas en xogos dixitais.
A Continuación programáronse unha serie de experiencias de aula de profesores de cada un dos tres centros que integran o PPdB. Ademais Álvaro P. Vilariño, mestre convidado do IES Manuel García Barros da Estrada, falaranos do proxecto Chiron. Estas experiencias presentaranse co formato Pecha Kutxa.
Xa podedes consultar o Programa dos III Encontros de Experiencias do Proxecto Ponte dos Brozos. O aforo é limitado; se queres asistir, cubre o formulario de máis abaixo (tes que iniciar sesión co teu usuario da Aula PdB).
GANADORES INICIATIVAS TIC
21 Marzo, 2011 - 22:17 — agapitoml
La revista Educación 3.0 ha fallado el concurso “MEJOR INICIATIVA TIC” en el que se proponía desarrollar un proyecto novedoso en el aula relacionado con las TICs, formas de utilización y que aportan al proceso de e
O Vídeo Dixital Educativo
14 Marzo, 2011 - 13:22 — admin
O día 23 de marzo as 16:30 no CTA (Centro tecnoloxico de Arteixo) celebrarase unha sesión de introducción o Video Dixital Educativo.
Hoxe en día, o equipamento para facer gravación e edición de vídeo é mais accesible e sinxelo que nunca.
Daniel Morcillo, mestre do colexio Erain de San Sebastián con moitos anos de experiencia educativa nesta ferramenta, mostrarános nunha charla as posibilidades pedagóxicas do Vídeo Dixital.

