III ENCONTRO DE EXPERIENCIAS PROXECTO PONTE DOS BROZOS

Comunicamos que o próximo día 27 de abril celebrarase no Centro Tecnolóxico de Arteixo (Av. Arsenio Iglesias s/n) a terceira edición dos Encontros de Experiencias do Proxecto Ponte dos Brozos.

Esperamos que se repita o éxito de edicións anteriores e asistades para coñecer as experiencias que están levando a cabo algúns dos vosos compañeiros.

Os Encontros serán abertos cunha conferencia de Sílvia Alcaraz-Domínguez e Frédérique Frossard, da Universidade de Barcelona que falarán sobre o Proxecto ProActive: Desenrolo de prácticas educativas creativas baseadas en xogos dixitais.

A Continuación programáronse unha serie de experiencias de aula de profesores de cada un dos tres centros que integran o PPdB. Ademais Álvaro P. Vilariño, mestre convidado do IES Manuel García Barros da Estrada, falaranos do proxecto Chiron. Estas experiencias presentaranse co formato Pecha Kutxa.

Xa podedes consultar o Programa dos III Encontros de Experiencias do Proxecto Ponte dos Brozos. O aforo é limitado; se queres asistir, cubre o formulario de máis abaixo (tes que iniciar sesión co teu usuario da Aula PdB).