Facer comentario
II ENCONTRO DE EXPERIENCIAS PROXECTO PONTE DOS BROZOS
24 Marzo, 2010 - 19:35 — admin
Anunciamos que os próximos días 8 e 9 de Abril celebrarase no Centro Tecnolóxico de Arteixo (Av. Arsenio Iglesias s/n) a segunda edición dos Encontros de Experiencias do Proxecto Ponte dos Brozos.
Esperamos que se repita o éxito do ano anterior e asistades para coñecer as experiencias que están levando a cabo algúns dos vosos compañeiros.
Da misma maneira que na edición anterior, programáronse unha serie de experiencias de aula de profesores de cada un dos tres centros que integran o PPdB, e unha conferencia de un convidado que nesta ocasión é Anibal de la Torre.
Xa podedes consultar o Programa dos II Encontros de Experiencias do Proxecto Ponte dos Brozos. O aforo é limitado; se queres asisitir, envía un correo cos teus datos persoais a: coordinacion@proxectopdb.org